Site icon Crónica3.com A Mariña

Memorias do Anxo, no Municipal de Ribadeo

memorias-anxo‘Memorias do Anxo’ é o novo traballo do “Tren de Moebius”, agrupación Ribadense que leva un tempo explorando o mundo das artes escénicas a través da danza contemporanea o piano e a poesía. Nesta ocasión María Justo, Martín Bucki e Victor Villar recrean en formato teatral o universo mítico dun barrio de Bos Aires, onde, tanto as personaxes como a trama, afondan nunha visión intimista e poética da realidade. A obra, inspirada nunha novela de Alejandro Dolina, alterna música e danza e conta ca participación de Toni Deaño eDaniel Scavuzzo nos papeis protagonistas. En definitiva, unha horiña de lecer con moito pouso filosófico que non deixará indiferente a ninguén. A función está prevista para o sábado 14 de xuño ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Ribadeo.

Exit mobile version