Site icon Crónica3.com A Mariña

Mercado do Souto, o domingo 8 de xuño en Cervo

A Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco impulsan unha nova edición do Mercado do Souto que se celebrará este domingo 8 de xuño no pavillón polideportivo de Cervo ou na Praza do Souto en Cervo, se o tempo o permite. Trátase dun mercado de produtos ecolóxicos e de proximidade onde prima a posta en contacto entre vendedores e consumidores co obxectivo de dinamizar o comercio local e dar a coñecer a produción da zona. Así, haberá postos de produtos da horta, artesanía en coiro, xabóns artesanais, pastas, pan, sementes, etc… e produtos locais.

Exit mobile version