Site icon Crónica3.com A Mariña

O 4 de xullo ACISA Ribadeo sorteará os 1250 euros en vales de compra en xogo polo seu 25 aniversario

Ribadeo, 26 de junio de 2014.- O vindeiro 4 de xullo ACISA sorteará os 1.250 euros en vales de compra que puxo en xogo na campaña coa que celebra o 25 aniversario da súa creación e que arrincaba o pasado 10 de xuño.

Todas aquelas persoas que realicen as súas compras ou consuman estes días nos locais asociados a Acisa recibirán unha cartulina con 25 cuadrículas, que deberán encher con outros tantos selos de diferentes establecementos de comercio, hostalería ou servizos asociados. Desde a directiva de Acisa lembran que “para participar no sorteo todas as cuadrículas deberán estar seladas, e como mínimo deben levar 10 selos de establecementos non hostaleiros”. Acisa pon en xogo 50 vales de compra de 25 euros cada ún. Ademáis entre os 25 afortunad@s sortearase despois un gran premio de 200 euros en vales de compra doado pola SD Ribadeo.

Unha vez completada a cartulina cos 25 selos os clientes do comercio, a hostelería e os servizos ribadenses deberán depositala nos locais de ACISA, no segundo andar do número 20 da avenida de Galicia, ou na oficina de turismo de Ribadeo. O prazo acaba o 3 de xullo.

A directiva de Acisa anima a que ribadenses e visitantes “celebren con noós o noso 25 aniversario, que aproveiten para comprar e para consumir nos nosos comercios e na nosa hostalería. Quedan xa poucos días para o sorteo e paga a pena, porque hai centos de euros en premios esperándoos”.

Exit mobile version