Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Foz entregou unha placa do Concello ao recente campión de España infantil de piragüismo, Xoel García

230614 FOTO RECOÑECEMENTO CONCELLO DE FOZ A XOEL GARCÍAFoz, 23 de xuño de 2014. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, entregou unha placa do Concello ao recente campión de España de piragüismo en categoría infantil B, Xoel García. O acto tivo lugar na súa parroquia, Vilaronte, coincidindo coas celebracións da festividade de San Xoán.

O rexedor municipal explicou que “foi un recoñecemento polo seu grandísimo logro deportivo. O xoven deportista agradeceullo ao Concello e tamén destacou o labor dos seus adestradores no club Kayak de Foz, que confiaron nel dende os seus inicios e dedícanlle moito tempo á súa preparación. Tamén se acordou da súa familia, que o está apoiando dende o principio”.

Javier Castiñeira destacou que “ao acto acudiron moitos veciños que dedicaron a Xoel García unha fortísima ovación”.

Exit mobile version