Dende a organización, noraboa ao campión polos seus éxitos así como aos demais equipos que competiron nesta Copa de España; AD Alcorcón, CD Burela FS Pescados Rubén e Universidade de Alacante. Felicitar á afección laranxa que animou sen cesar ao seu equipo malia caer nas semifinais e ás afeccións de Alcorcón, Atlético de Madrid e Alacante que tiveron un comportamento exemplar contribuíndo especialmente á festa do deporte.
Os catro equipos ofreceron un espectáculo deportivo no que se viron tres partidos de gran calidade, máxima intensidade, entrega, emoción e paixón que fixeron as delicias dos espectadores presentes en Vista Alegre e dos que puideron gozar do evento vía streaming a través da www.burelafs.org grazas ao gran traballo realizado por www.Pasionmc.com e coa excelente narración de Alba Adá de Futsal Cope e Óscar Arcones, xornalista de www.mundosala.es, apoiados na excelente cobertura técnica de Víctor Durán, técnico operador de www.Pasionmc.com.
A final arrincou cos nervios iniciais típicos destes partidos e cando ambos conxuntos comezaban a asentar o seu xogo, a fortuna aliouse co Atlético de Madrid. Anita Luján disparou e o seu golpeo tocou en Ju Delgado que desviou a traxectoria do balón para acabar na meta defendida por Miriam. A exhibición en semifinais e este gol afortunado da brasileira certificaron que esta era a súa Copa e que non estaba disposta a regresar sen ela a casa.
Case sen querelo, as colchoneiras abrían o marcador (0-1) pero fieis á súa filosofía, as guerreiras amarelas levantáronse do golpe e apertaron os dentes para complicar a vida durante moitas fases do encontro a un Atlético que soubo defenderse do acoso alfarero cunha Belén moi segura na portería desbaratando as ocasións de Andrea Feijoo e Orive. Mereceu o empate o conxunto dirixido Ángel Orejón pero ao descanso mantívose o marcador (0-1).
Na continuación, o Alcorcón foise descaradamente a polo empate cunha presión alta que as colchoneiras buscaron contrarrestar con posesións longas. O equipo de Andrés Sanz demostrou a templanza precisa nas finais e soubo esperar o seu momento para noquear ao seu rival. Cunha Anita Luján desequilibrante e Ju Delgado demostrando, unha vez máis, os seus galóns e manexando os tempos do encontro chegou o 0-2 a través do instinto asasino de Natalia que aproveitou unha asistencia da brasileira para sacar a súa artillería e cun gran disparo bater a Miriam, minuto 31.
O 0-2 danou as esperanzas do Alcorcón que mantivo o seu carácter competitivo pero as colchoneiras sacaron a relucir a súa experiencia e aínda que o Alcorcón o intentou con xogo de cinco mantívose o 0-2 ata o final que desatou o xúbilo colchoneiro, certificando o cambio na coroa nacional.
Palco de autoridades
Entre outras personalidades, estiveron presentes no palco; o Presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, D. Antonio Escribano; o Seleccionador Absoluto de España, D. José Venancio López; en representación do Comité Galego de Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol; D. José Luís Sáez Castro; a Concelleira de Benestar e Servizos Sociais do Concello de Burela, Dña. Diana Durán; o Presidente do CD Burela Pescados Rubén, D. Manuel Blanco; o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, D. Manuel Otero; o Secretario do CNFS, D. Javier Sáiz; o Responsable de seleccións femininas do CNFS, D. Patricio Allende e tamén en representación do CNFS; D. Juan Abellán.
Ficha técnica
AD Alcorcón: Miriam, Vadillos, Desi, Orive, Isa García -cinco inicial- Soldevilla, Leire, Lara, Andrea Feijoo, Houda.
Atlético de Madrid: Belén, Ju Delgado, Anita Luján, Rosana, Cristina -cinco incial- Rocío Sevilla, Natalia, Peke.
Goles: 0-1, m.4, Ju Delgado; 0-2, m.31, Natalia.
Árbitros: Cid Bragado, Remeseiro López. Colexio galego. Tarxetas no Atlético a Rocío Sevilla, Ju Delgado.
Incidencias: Final da XX Copa de España disputada no pabellón Vista Alegre de Burela. 600 espectadores. Nos instantes iniciais do encontro as xogadoras realizaron un rondo reivindicativo.