Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela mostra a súa satisfacción pola volta do Torques ó Museo Provincial de Lugo

O BNG de Burela fai unha valoración moi positiva das negociacións levadas a cabo pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, que posibilitaron un acordo para a recuperación da colección de ourivería castrexa de Álvaro Xil.

O conxunto de pezas que conforman a colección de ourivería castrexa de Álvaro Xil, entre as que se atopan o Torques de Burela, fora retirado en outubro do pasado ano polos seus herdeiros, tras unha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que lles outorgaba a titularidade da colección e que obrigaba ao organismo provincial a asumir o pagamento das custas procesuais. Ponse fin con este acordo, a un longo litixio xudicial, iniciado en 1999, con Cacharro Pardo como presidente da Deputación.

Logo dun longo proceso de negociación de case un ano, a Deputación mercará a colección por 2.346.200 €, a cantidade na que foi taxada nunha peritación independente encargada polo ente provincial, unha cantidade que supón a metade do que pedía a familia inicialmente. No acordo, a familia tamén renuncia aos 2.700.000 € que reclamaba en concepto de danos e prexuízos.

As negociacións levadas a cabo por Mario Outeiro, responsábel da Área de Cultura da Deputación de Lugo, permitirán que o Museo Pronvincial recupere a súa colección máis senlleira e que poda ser visitada antes do remate do verán.

A volta do Torques de Burelaao Museo Provincial é un motivo de satisfacción para todos os vecinos e veciñas de Burela, por ser un dos nosos símbolos máis singulares e que mellor representan a nosavila, como legado patrimonial dunha época e unha cultura que deixouunhaforte pegada en todo o País. O Torques de Burela é o torques de maioresdimensiónsatopados en Galiza ata o momento, sendounhapeza única non só polo seu tamaño, senónpolacalidade que amosa a súa talla e o mineral con que está elaborado, un ouro de grande pureza.

Desde o BNG de Burela mostramos en todo momento o noso interese e preocupación por este asunto e nese sentido presentamos unha moción en pleno municipal para a recuperación da colección de Álvaro Xil, que hoxe é unharealidadegrazasaotraballo realizado pola Área de Cultura da Deputación. Somos coñecedores que desde a Área xestionada polo BNG se fixo un traballo intenso, paciente, serio e con grande sentido da responsabilidade que fixoposíbel o acordo acadado.

Exit mobile version