Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burgo de Trasbar entregou os premios do I Certame Literario

Trasbar, 03 de xuño de 2014.- A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organizou o I Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, baixo o tema “Trasbar” no que participaron unha trintena de persoas nas categorías infantil, xuvenil e adulto.

O xurado reuniuse o 23 de maio para emitir o fallo. Logo de ver os escritos que presentaron ao concurso, as máximas puntuacións obtivéronas: Manuel Paz na categoría infantil, Marta Franco na categoría xuvenil e Marina Díaz na categoría adultos. Os premios (80 euros) foron entregados o pasado 25 de maio durante a celebración do aniversario da asociación, acto ao que foron convidadas todas as persoas que participaron. O presidente, Miguel Díaz, fixo entrega dos premios aos gañadores e un agasallo para todos os participantes.

Desde a Asociación de veciños do burgo de Trasbar queremos agradecer a boa acollida deste certame e a alta participación. Agardamos poder contar coa mesma aceptación en vindeiras edicións deste certame, así como nas actividades que organizamos ao longo do ano.

Aniversario
A Asociación de veciños do burgo de Trasbar celebrou o terceiro aniversario da súa posta en funcionamento. Ao acto estaban invitados todos os socios, así como a xente que presentou as súas narracións ao certame literario.

No transcurso do acto, proxectouse un vídeo cun resumo en fotos das actividades que organizamos ao longo do ano. Serviuse chocolate con biscoito aos asistentes.

Exit mobile version