Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Ktivos organiza un mercado solidario en beneficio dos animais abandonados de Foz e Burela

O Centro Ktivos organiza unha nova actividade englobada dentro do “Grupo Explorador” que consiste na creación de un Mercado Solidario a favor dos animais abandonados de Burela e Foz.

Para iso, “venderemos artigos elaborados polos nenos e nenas que participan no noso Grupo Explorador ao longo da semana. Para isto contamos co apoio da Protectora de Foz e do Concello de Burela, os cales van a ser os beneficiarios dos fondos recollidos pol@s nen@s”.

A situación do posto será no mercado dos venres de Burela a carón do centro, para o cal, o Concello de Burela cede gratuítamente unha parcela.

O fin desta actividade, ademais de axudar ao animais sen fogar, é fomentar entre os máis pequenos a solidariedade e o respeto polo medio ambiente e os animais utilizando unha metodoloxía máis práctica e motivadora. Deste xeito aproveitarán o seu tempo libre para axudar, ao mesmo tempo que participan en actividades lúdicas e enriquecedoras para a súa persoa.

“Esperamos que esta actividade teña aceptación entre a xente e poder conseguir os nosos obxectivos”.

Exit mobile version