Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club de Tenis Ribadeo suspende por un ano a admisión de socios e os invitados

Na asemblea xeral celebrada o 13 abril de 2014, tomáronse por unanimidade os seguintes acordos:

1.- Suspender por un ano a admisión de novos socios quedando fixado o número máximo de socios nos actuais 252.

2.- Suspender por un ano a figura do invitado, excepto durante os meses de temporada alta que se mantén a norma actual das tres invitacións por mes para os non residentes en Ribadeo.

3.- Crear a figura do socio usuario. Ditos socios poderán darse de alta un mínimo de 3 meses pagando a cuota que fixe a Xunta Directiva e nas condicións de uso e disfrute que ésta estableza.

Nas oficinas do club, C/Río do Amalló nº 19 e no teléfono 982 130 300 se pode completar calquera información que os interesados necesiten.

Exit mobile version