Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Kayak de Foz empregouse a fondo no Río Miño

Este domingo 8 de xuño pola tarde, en augas do río Miño ao seu paso por Lugo, disputábase a cuarta Regata da XIX Copa Galega de Promoción para Infantís, regata de carácter Autonómico na modalidade de augas tranquilas organizada pola Federación Galega de Piragüismo.

550 regatistas de trinta e tres clubs vindos de toda Galicia abarrotaron as pequenas instalacións da Escola de Piragüismo Lucense e zonas aledañas, poñendo de relevancia con tanta participación, o gran interese que demostran os clubs polo desenvolvemento e promoción do piragüismo de base.

Entre os participantes atopábanse caras coñecidas como o podio ao completo do Campionato de España Infantil-A, Fran Silva (1º), Samuel Villanueva (2ª) e David Ribeiro (3ª) ou o Campión de España Infantil-B, Xoel García Neira do Club Kayak de Foz.

O Kayak, para esta regata, desprazou a catro infantís: Xoel García da categoría Infantil-B que competía ás 16:30 horas e Juan Rivas, Noel García e Alexis Navas da categoría infantil-A que sairían na última regata programada, ás 18:00 horas.

Mención especial para o equipo de arbitraxe, encarnado na figura do xuíz árbitro D. José Fernando Paraje. Do mesmo xeito que era demasiado permisivo coa entrada en regata de palistas que chegaban ata 10 minutos tarde á saída, era totalmente inflexible coas penalizacións aplicadas aos destinos palistas por non situarse correctamente na saída precisamente cando estaban á espera das incorporacións de última hora.

A regata dos Infatiles-B deu comezo con 20 minutos de atraso por mor de diversas incidencias. O percorrido consistía en dúas voltas a un circuíto entre #aboiar que completaban a distancia establecida de 3000 metros. Dos 88 inscritos ao final participaron 63 palistas, feito este que se notou na saída na que non houbo, como noutras ocasións, grandes aglomeracións e apelotonamentos.

Unha vez dada a saída e logo dos primeiros douscentos metros, Gabriel Pachón do Tambre, Xoel García do Kayak de Foz e Joaquín Igrexas do Verducido ocuparon as tres primeiras prazas, lugar que non abandonarían ata a liña de meta. Logo da primeira volta ao circuíto, comezaron os ataques nos que Xoel, que ía segundo, intentaba tomar a última ciaboga polo interior en primeiro lugar.

Os intentos foron baldíos e Gabriel Pachón saíu da ciaboga encarando a recta de meta en primeiro lugar, seguido por só medio barco de diferenza por Xoel. Joaquín do Verducido, o terceiro clasificado, nada puido facer por intentar a súa posición, quedando Xoel e Gabriel en franca disputa pola vitoria final. Os últimos douscentos metros foron explosivos, Xoel intentábao ata en dous ocasiones pero non podía co piragüista do Tambre Tenreira Galega, Gabriel Pachón, o cal alzábase coa vitoria nesta regata.

Dúas horas máis tarde era a quenda da última proba do día, a regata dos “máis maiores”, os infatís -A. Do mesmo xeito que nas outras saídas, a distancia a percorrer era tamén de 3000 metros.

Tamén nesta ocasión as baixas fixéronse notar na ocupación da lámina de auga xa que non tomaron a saída 23 palistas dos 95 inscritos.

Unha vez dada a saída, os postos de cabeza foron ocupados polo podio do campionato de España infantil A, Fran Silva, Samuel Villanueva e David Ribeiro. Estes tres palistas comezaron a marcar un forte ritmo moi difícil de seguir polo resto de participantes abrindo aos poucos unha brecha insalvable. Os nosos tras unha boa saída fóronse situando no paquete perseguidor. Tralo primeiro paso por liña de meta, Noel ocupaba a posición 14, Juan a 19 e Alexis a 39.

O sprint final dos de cabeza foi moi disputado desde a última ciaboga, onde rompeu as hostilidades David Ribeiro da Cofradía de Pescadores de Portonovo, logrando tomar a ciaboga polo interior, situación favorable para un ataque á saída. No entanto os seus dous acompañantes non lle deixaron escapar e, no sprint final de meta, Fran Silva puido con Samuel Villanueva do CP Verducido gañándolle por tan só un segundo, quedando David Ribeiro na terceira posición a cinco segundos do vencedor. Os nosos entraron en meta nas posicións que ocupaban no paso anterior de meta, é dicir, Noel 14, Juan 19 e Alexis melloraba tres prazas entrando na posición 36.

Pero a sorpresa chegou unha vez finalizada esta regata, xa que o Xuíz árbitro, anotou a penalización que marcou na saída e que as máis importantes foron un minuto para Noel tras recibir un aviso previo á saída por mala colocación relegándoo ata a praza 26 e 2 minutos para Fran Silva, o vencedor da regata tras dous avisos na saída, o que o deixou clasificado na posición 13 a 1:59 do novo vencedor, Samuel Villanueva do CP Verducido.

Unha vez finalizadas todas as regatas procedeuse á entrega de medallas aos primeiros clasificados e nas que, unha vez máis, Xoel subiu ao podio para recoller a medalla de segundo clasificado na regata Infantil-B.

4ª Regata XIX Copa Galega Promoción 2014.
Clasificación Individual:
HOMBRE INFANTIL-B K-1
Distancia 3000 metros
1.- Gabriel Martínez Pachón, CR do Tambre-Ternera Gallega, 13:39:00
2.- XOEL GARCÍA NEIRA, Club Kayak de Foz, +0:04
3.- Joaquín Iglesias Rodríguez, CP Verducido, +0:09
… ata 63 clasificados

HOMBRE INFANTIL-A K-1
Distancia 3000 metros
1.- Samuel Villanueva Rodríguez, CP Verducido-Pontillón, 13:00
2.- David Ribeiro Sanjorge, CC Pescadores Portonovo, +0:05
3.- Diego García Villaverde, CP Verducido-Pontillón, +0:25

16.- JUAN RIVAS RODRÍGUEZ, Club Kayak de Foz, +2:07
26.- NOEL GARCÍA EDROSA, Club Kayak de Foz, +2:38
36.- ALEXIS NAVAS PÉREZ, Club Kayak de Foz, +3:07
… ata 72 clasificados

Clasificación Xeral por Clubs:
1.- Club Breogán do Grove, 4095 puntos
2.- Club As Torres-Romería Vikinga, 3466 puntos
3.- Club Náutico Pontecesures, 3453 puntos

14.- Club Fluvial de Lugo, 1458 puntos
19.- Club Kayak de Foz, 802 puntos
23.- Club Piragüismo Viveiro, 569 puntos
28.- Club Piragüismo Ciudad de Lugo, 399 puntos
31.- Club Altruán de Ribadeo, 341 puntos

Exit mobile version