Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello asume a limpeza dos accesos principais de Cervo e San Cibrao a pesar de ser vías da Deputación

estradas_provinciaisCervo, 13 de xuño de 2014- O Concello iniciou esta semana os traballos de roza e limpeza das vías de acceso aos núcleos de Cervo e San Cibrao. Unhas estradas que son titularidade da Deputación e que, polo tanto, é a que ten que encargarse do seu mantemento. Desta maneira, o Concello asume uns traballos que non lle corresponden e que son deberes e obrigas do Goberno Provincial.

A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, supervisou estes traballos e lamentou que “esta situación se repite constantemente y supone una falta de preocupación de la Diputación por los vecinos del municipio”. A concelleira asegura que antes de que o Concello actuase, as entradas principais de Cervo e San Ciprián se atopaban “invadidas” pola maleza. Un estado “lamentable” que ademais dunha cuestión estética e de imaxe é, sobre todo, un problema de seguridade, xa que antes da limpeza realizada polo Concello algunhas beirarrúas estaban intransitables.

Desta maneira, o Concello ten que destinar persoal municipal, recursos propios e esforzos “a hacer un trabajo que no es de nuestra competencia, por lo que mientras estamos solventando la incompetencia de la Diputación no podemos trabajar en nuestras propias carreteras”.

Alonso considera “una pena” que a Diputación “nos niegue una y otra vez todo tipo de servicios y de ayuda, especialmente cuando tenemos una vecina de San Ciprián con responsabilidades en el Gobierno Provincial”. Pero para a edil o máis grave é que “en este caso ya no hablamos de pedir colaboración, sino de que cumplan con sus propias obligaciones”.

De todos os xeitos, a responsable de Medio Ambiente asegura que “no podemos permitir que las entradas a nuestro municipio estén en mal estado, por lo que seguiremos reclamando a la Diputación que no discrimine a nuestros vecinos y asuma sus competencias”.

Exit mobile version