O programa denominado Aberto por vacacións, para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto de 11 a 13 horas. Haberá actividades deportivas, medioambientais, formativas, de praia, etcétera para que os participantes pasen un verán entretido e divertido.
O custo destas actividades é de 10 euros cada mes e os interesados pode inscribirse para un mes ou para os dous. O prazo para anotarse abriuse hoxe, 23 de xuño, na Casa da Xuventude, onde tamén se fará a presentación para os inscritos o día 1 de xullo ás 11 horas. As actividades comezarán o 8 de xullo.
En canto ás Noites Alternativas, trátase dunha iniciativa coa que o Concello de Foz anima a facer deporte durante as noites do verán. Este programa vai dirixido a persoas a partir de 10 anos, que poderán practicar voleipraia, baloncesto, fútbol praia e fútbol sala. Será na praia da Rapadoira ou na pista polideportiva do Campo da Cabana con formato dun torneo cada semana.
A participación é gratuíta pero é necesario inscribirse.