Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello entregará, finalmente, a medalla de ouro ao Burela FSF este sábado 7 de xuño

Burela, 3 de xuño de 2014. O acto institucional de entrega da medalla de ouro concedida polo Concello ao Burela FSF sufrirá un cambio “xa que pasa a celebrarse o vindeiro sábado, 7 de xuño, ás 12.30 horas no auditorio da Casa da Cultura”, segundo anunciou esta mañá o alcalde, José Mª González Barcia.

O rexedor lembrou que “o acto ía ter lugar o venres pola noite, pero cuestións de axenda de directivos do fútbol sala nacional aconsellan trasladar esa entrega para o sábado ás 12.30 da mañá”.

González Barcia insistiu en que “o acto será sobrio, pero ao mesmo tempo solemne. Haberá unha persoa que conducirá o acto, intervirá un grupo de corda da Escola Municipal de Música, o secretario do Concello lerá o acordo do pleno polo cal se lle concede a medalla de ouro ao equipo de fútbol sala. E despois haberá unha intervención tanto do presidente do Burela FS como do alcalde do Concello”.

Exit mobile version