Site icon Crónica3.com A Mariña

O empresariado de Lugo ten á súa disposición os novos préstamos Jeremie do IGAPE para financiar os seus proxectos

DIORECTOR GENERAL DEL IGAPE JAVIER AGUILERA Y EL PRESIDENTE DE LA ASOCIACION DE HOSTELERIA CHECHE REAL PARTICIPAN EN LA PRESENTACION  DEL PROGRAMA  DE FINANCIACION  EMPRESARIAL GALICIA 1000Lugo, 17 de xuño de 2014.-O director do Igape, Javier Aguilera, participou este martes nunha xornada técnica desenvolvida na sede da CEL na que se presentou o programa financeiro Galicia 1000, impulsado pola Consellería de Economía e Industria co obxectivo de dar resposta ás distintas necesidades que poida ter a empresa en función da súa situación. Dentro desta iniciativa integral de financiamento empresarial, Aguilera destacou o programa de préstamos directos Jeremie, unha liña de apoios pioneira en Galicia que conta cunha dotación inicial de 8 millóns de euros procedentes de fondos Feder, coa que o Goberno galego prevé mobilizar 15 millóns de euros no tecido empresarial galego.

Concederanse préstamos comprendidos entre 70.000 e 1.050.000 euros, cos que se poden financiar ata o 70% dos proxectos de investimento. As bonificacións de xuros previstas na convocatoria permitirán que os tipos de xuro efectivo resultantes poida ser inferior ao 1,3%.

O programa Galicia 1000 incorpora tamén liñas de financiamento bonificado polo Igape, para os emprendedores e as pemes que se financien mediante préstamos ou microcréditos concedidos polas entidades financeiras con fondos do ICO. Ao abeiro do Impulsa Lugo, bonificación poderá ser de ata 4 puntos para as empresas da provincia

Ademais, dentro deste programa integral de financiamento as empresas teñen á súa disposición os fondos de capital risco e préstamos participativos de Xesgalicia, cos que se apoian tanto proxectos empresariais dos novos emprendedores como o impulso a proxectos de sectores estratéxicos ou empresas que, sendo economicamente viables, precisen financiamento para superar dificultades transitorias.

Outro instrumento de financiamento que desde a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, se pon a disposición do tecido empresarial galego son as liñas de garantías para achegarlles ás empresas o circulante necesario para manter ou incrementar a súa actividade.

En total, o programa Galicia 1000 destina 50 millóns de euros para atender as diferentes necesidades das empresas en función da súa situación. Deste xeito, o Goberno galego prevé financiar arredor de 1.000 proxectos empresariais a través dun paquete integral que mobilizará 200 millóns de euros no tecido empresarial.

Exit mobile version