Site icon Crónica3.com A Mariña

O luns remata o prazo de inscrición na comida da xornada ‘Todas cara a Tovar’

Lourenzá, 16 de xuño de 2014. O vindeiro luns, día 23, remata o prazo de recollida de tickets para participar na comida da xornada Todos cara a Tovar, que se celebrará o día 29 deste mes, domingo.

Da organización da comida encárganse a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) e a asociación de veciños de Santo Tomé Terras de Tovar. “O menú é moi económico, porque non se pretende gañar cartos con el pois o que se busca é amosar a fortaleza de Tovar e o seu entorno. O menú repartirase nunha bolsa para cada comensal, na que irá un trozo de empanada, unha ración de churrasco cun chourizo e máis unha peza de froita. O prezo será de 8 euros”, explicou o directivo de ACIAL Roberto Díaz Expósito.

“Tamén elaboraremos uns xogos populares que lles chamamos a Busca do Tesouro e que consistirá en agachar un tesouro na fortaleza e cunha serie de pistas os participantes intentarán atopalo”, engadiu Roberto Díaz.

Exit mobile version