Burela, a 9 de xuño de 2014.- O Partido Popular de Burela celebrará mañán, martes 10 de xuño, ás oito e media da tarde, unha asamblea de afiliados e simpatizantes para abordar dous asuntos fundamentais, por un lado, as actuacións que se están a levar a cabo ou se iniciarán en breve no concello burelés, e por outro analizar os resultados das últimas eleccións europeas en Burela.
No tocante ás actuacións que se están levando a cabo ou se van a iniciar nas próximas semanas ou meses, a dirección do partido pretende dar información detallada das mesmas ós afiliados e simpatizantes. E lembran que son actuacións importantes e de gran relevancia para Burela.
No que respecta ós resultados das eleccións, desde a dirección do partido indican que o PP foi de novo o partido máis votado en Burela, ganando en todas as mesas; nunha extrapolación ás eleccións municipais, os resultados do pasado domingo día 25 volverían a dar mayoría absoluta ós populares, ainda que cambiaría a configuración da corporación.
Esta asamblea, que o PP fai antes do verán desde hai xa anos, é a terceira asamblea de afiliados e simpatizantes que fai o PP no que vai de ano. No comenzo do outono, a dirección do partido convocará unha nova asamblea para perfilar o traballo de cara ás eleccións municipais de maio de 2015.