Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa “Parolando” inicia andaina en Radio Burela

O vindeiro xoves, día 26 de xuño, o programa “Parolando”, que ata agora se emitía na emisora Radio Valadouro, cambia de escenario e comeza unha nova etapa dende Radio Burela. Será polas 20.30 horas e durará, aproximadamente, 90 minutos. A dirección e presentación do programa correrá a cargo de Pepe Peinó, mentres que do aspecto técnico se ocupará Matías Nicieza. Será un programa de debate sobre temas actuais, con varios invitados cada emisión. O día 26 iniciaremos esta nova etapa cun debate sobre a situación política actual. Participarán os alcaldes Alfonso Fuente, de Barreiros (PP), Fernando Suárez Barcia, de Ribadeo (BNG) e Edmundo Maseda, do Valadouro (PSOE).

Exit mobile version