O alcalde de Burela, Sr Barcia, ven de anunciar a entrega da medalla de ouro do Concello de Burela ó equipo feminino do Burela Fútbol Sala. Ante esta nova o Sr. Barcia debería de explicar por que tempada se lle vai a entregar tan nobre insignia a este marabilloso equipo, que tantos éxitos ten alcanzados. Dicimos isto porque fai un ano por estas fechas este equipo conseguía a proeza de alzarse co título de Liga e Copa da Primeira División feminina de fútbol sala, e foi despois de conseguir aqueles títulos, repetimos vai a facer un ano, o Sr Barcia xa tiña anunciado a entrega desa medalla.
Non nos parece moi serio que non se fose capaz de atopar unha fecha en todo un ano de facer entrega e recoñecer aquela proeza feita por estas xogadoras, e non sabemos se esta anunciada entrega se corresponde con ese “doblete” conseguido fai un ano, ou si se vai aproveitar a ocasión para premiar tamén ó equipo desta tempada que xa conseguiu a Copa Xunta de Galicia, veñen de quedar subcampeoas de Liga e poden conseguir a Copa da España que se disputará en Burela en próximas datas.
A deixadez, a desidia e inoperancia deste equipo de “desgoberno” queda patente unha vez máis con feitos coma estes, un ano para poder facer un recoñecemento máis que merecido ás deportistas de Burela. Dende o PSdeG-PSOE de Burela temos que poñer de manifesto, unha vez máis, o pasotismo deste equipo de “desgoberno”. A parálise na que está sumido o Concello é alarmante, un alcalde ausente xa que reside en Lugo e unha Concelleira de Deportes que nin está nin se espera, da como resultado esta serie de despropósitos. Despropósitos que chegan ó punto nin de facerlles o recoñecemento que merecerían, por exemplo, as rapazas do Club Baloncesto Burela que quedaron campeoas na súa categoría, e que dende o Concello non se tivo nin un só xesto de recoñecemento con elas.
“Está claro que este equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela é un lastre para este pobo, e non está á altura que merecen os veciños e veciñas”, conclúen os membros da Comisión Executiva PSdeG-PSOE Burela.