O grupo municipal socialista móstrase totalmente indignado polo estado de abandono e suciedade no que se atopa o noso pobo.
Entrando practicamente de cheo na época estival, e coa chegada de innumerables visitantes que ano tras ano nos visitan por estas datas e deixan no noso concello importantes beneficios, a imaxe que noso alcalde lles ofrece é totalmente pésima.
As herbas medran a carón das veirarúas é en algúns lugares incluso chegan a cubrir parte delas, sen que este equipo de goberno faga algo ó respecto.
Algúns contedores desprenden un cheiro irresistible, e nin que dicir ten o propio camión de recollida de lixo.
As praias están totalmente inaccesibles, e os veciños que comezamos a frecuentalas encontrámonos coas duchas e as fontes nun estado lamentable.
Falta moita sinalización e a que temos están nun precario estado; as rutas están sen sinalizar, obrigando ós visitantes a preguntarlle ós veciños por onde teñen que coller.
“Co anterior goberno socialista queremos recordarlles, que por estas datas o pobo presentaba outra imaxe ben diferente á de hoxe, que era a que desexan e botan en falta os veciños e veciñas de Foz”.