Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz solicita comedores escolares para o verán

Foz, 27 de xuño de 2014.- Os socialistas de Foz solicitámoslle á Xunta de Galicia mediante unha moción presentada no pleno de onte e aprobada por unanimidade, que continúe mantendo abertos os comedores escolares necesarios para poder seguir dándolle cobertura aos nenos e nenas das familias que neste momento se atopan sen recursos e quedarían en desamparo agora que rematou o curso escolar.

Deste xeito, estes nenos poderían aló menos dispoñer dunha comida equilibrada ao día; cando todos ben sabemos que as cifras da pobreza infantil son aberrantes e superan o 22%, e máis de 466.000 galegos atópanse vivindo por debaixo do úmbral da pobreza.

Sabemos que esta medida xa se aprobou cun acordo parlamentario, polo tanto confiamos en que a Xunta de Galicia cumpra este acordo coa máxima celeridade que merece.

En base a proposta de alcaldía de fixar a taxa para iniciar o procedemento de investigación donde se demanda por parte dun particular a usurpación dun camiño público en Cangas, o partido socialista propuxo aplicar a taxa mínima de 60 euros, xa que vemos inxusto de que unha persoa que esteña defendendo algo público teña que facer maior desembolso.

Exit mobile version