Logo das últimas baixadas dos prezos pagos polo leite, os gandeiros deciden UNIRSE para defender os seus intereses, pisoteados polas industrias transformadoras e esquecidos polos Gobernantes deste país, deciden facer unha reunión o próximo día 18 de Xuño de 2014 na Casa de Cultura do Concello de Valencia de Don Juan (León), ás 13:30 daranse cita gandeiros de toda España coa intención de dicir XA ABONDA.
A convocatoria fírmaa a Plataforma “GANADEROS LÁCTEOS UNIDOS” formada por gandeiros de toda España que están intentando UNIR esforzos para poder seguir producindo leite de calidade que garanta un alimento san e a un prezo adecuado para os consumidores deste país, esta UNION faise cada vez máis palpable, nunha primeira cita, no mes de febreiro de 2014 xuntaron en León a máis de 50 ganderías de toda España, en abril foron máis de 100 gandeiros os que se reuniron en Lugo e nesta ocasión en León de novo, espérase a presenza de máis de 500 gandeiros de toda España.
Na reunión, tratásense medidas a tomar para conseguir dar un envorco a esta situación, a indefensión en que esta sumida a gandería de leite deste País fronte ás industrias transformadoras, é palpable, sen importarlles nada a precaria situación das explotacións, estes baixan de forma unilateral e sen motivos para eles os prezos, tendo unha posición dominante que a podido apreciar POR FIN o tribunal da competencia, que expedientou a 17 empresas pola súa posición dominante fronte ao dedil sector gandeiro.
A plataforma agarda na reunión a presenza de ganderías de todos os puntos do país, ata contaremos coa presenza da asociación APROLEP (Asociación de Productores de Leite de Portugal), a posibilidade de interromper as entregas é un dos puntos que se tratasen así como a problemática dos controis de de calidades sen ningún tipo de control nin rigurosidade ata a chegada das mostras a Laboratorios, así mesmo analizásense posibles accións para fomentar en consumo de leite e defensa sen concesións da identificación do leite do gandeiro Español.