Site icon Crónica3.com A Mariña

Os atletas do CD Egovarros-Viveiro suman 30 medallas no Campionato Galego de Veterans de pista ó aire libre

O domingo organizado polo club Castro de Lobariz e a Federación Galega de Atletismo, nas pistas da Malata na cidade de Ferrol, celebrouse o Campeonato Galego de Veteráns de Pista ó Aire Libre, coa participación de atletas de todos os clubes de Galicia.

A competición celebrouse en xornada de mañá e tarde, acadando os atletas do
C.D. Egovarros-Viveiro 30 metais, sendo 15 ouros, 7 pratas e 8 bronces, con este resultado demostraron outra vez ser o clube que máis medallas acada no Campionato Galego de Veteráns.

Os medallistas foron no apartado feminino: Francisca Romasanta en W65 ouro en 100, 200 e 400 metros; Begoña de Arriba en W55 ouro en 100 m, prata en 5000m e bronce en peso; Manuela Guisasola en W50 ouro en 100 e 400 metros e bronce en 200 metros.

No apartado masculino: Antonio Cabana M70 ouro en 400, 800 e 5000 metros; Antonio Hernandez M65 ouro en 800 e 5000 metros; Fernando Ramos M65 ouro en 100 e 400 metros e bronce en 200 metros; Salvador Patiño M60 ouro en salto de lonxitude, prata en 200 e 400 metros; Francisco Barrientos M55 bronce en 100, 200 e 400 metros; Emilio Toral M55 prata en 400 e 800 metros; Jose Luis Meizoso M55 ouro en 10000 metros; Anxo Vigo M55 prata en peso, bronce en salto de lonxitude; Andrés Piñón M40 bronce en 5000 metros; Jose Angel López M35 prata en 1500 metros.

Exit mobile version