
O espectáculo Os Bolechas e o Sabichón, que se representou este domingo 1 de xuño na Casa da Cultura de Foz, foi un éxito de publico. Os nenos e nenas asistentes aprenderon a dicir novas palabras en galego e pasárono en grande cos personaxes de Os Bolechas. A concelleira focense de Educación, Mercedes González Alonso, agradecer á Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Xunta de Galicia, a súa colaboración para que este acto se desenvolvese en Foz.