Site icon Crónica3.com A Mariña

Os cervenses xeraron un 7,5% menos de lixo orgánico no 2013 e separaron un 8% máis de vidro

Cervo, 17 de xuño de 2014- O Concello de Cervo fixo balance do volume de residuos recollidos no municipio durante o ano pasado. Neses doce meses os cervenses xeraron menos lixo orgánico que no 2012. En concreto, recolléronse 1541 toneladas de desperdicios, un 7,5% menos que no ano anterior.

No caso dos envases de vidro, o volume aumentou ata os 70.100 quilos, polo que a veciñanza depositou no iglú verde 5.400 quilos máis que no 2012 (un 8,4% máis). Da mesma maneira, os cervenses demostráronse máis concienciados coa separación do vidro que o conxunto de Galicia (15,8 quilos por habitante e ano fronte á media galega, de 13,8 quilos).

Por outra banda, os cervenses botaron un total de 39.240 quilos de papel ao contedor azul, 43.530 quilos de envases lixeiros ao contedor amarelo e 1.100 quilos de aceite doméstico usado aos contedores especiais. En todos estes casos a utilización no 2013 foi menor que no 2012.

Neste sentido, e tendo en conta estes datos, o Concello decidiu mellorar o servizo de recollida de envases lixeiros. Para iso, a administración asumiu este servizo no 2014, facéndoo público co obxectivo de “conseguir mejores resultados a través de una gestión más directa y sin intermediarios” asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso. “Queremos que los datos sean cada vez mejores y para ello seguiremos poniendo en marcha todas las medidas que sean necesarias, incluídas las campañas de concienciación”.

Ao mesmo tempo, Alonso, quixo agradecer “a todos los vecinos sus esfuerzos e implicación en la reducción de basura y en la separación de residuos”. Alonso destacou “la importancia de cada gesto individual” e quixo dar “la enhorabuena a todas las persoas que han gestionado sus residuos de forma responsable”. Ao mesmo tempo, a edil tamén quere aproveitar para “seguir animando a toda la población a reducir, reutilizar y reciclar como forma de cuidar nuestro entono y nuestros recursos”.

Da mesma maneira, hai que lembrar que o Concello ten en marcha un programa de fomento da compostaxe doméstica a través do cal 107 familias aproveitan os seus residuos orgánicos e danlles unha utilidade. Tamén é importante destacar a existencia dun Punto Limpo para depositar residuos voluminosos, contaminantes ou perigosos situado no polígono de Cuíña.

Exit mobile version