Site icon Crónica3.com A Mariña

Os participantes do curso Educando en Familia visitarán este martes a Biblioteca Municipal de Burela e asistirán a un contacontos

Burela, 23 de xuño de 2014.- A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade organiza unha visita á biblioteca municipal, coma remate final do curso Educando en familia. Será este martes, 24 de xuño.

Diana Durán explica que “o que se pretende é que as familias se decaten da importancia de inculcar un hábito lector dende ben pequenos/as aos seus fill@s, así coma a súa implicación na educación das súas crianzas no tempo de lecer destas e a proporcionar un maior coñecemento e valoración do noso contorno. Alí nos explicaran as normas de utilización da sala infantil (acompañamento por persoas adultos/as, non comer nin beber, silencios, teléfonos móbiles, como gardar os contos,…), así coma do funcionamento xeral da biblioteca, como facerse socio, que facer para poder levar material para a casa e como punto final para esta visita contaremos cun contacontos a cargo de Caxoto Cativo que deixará abraiados a país/nais e nenos/as”. O contacontos terá lugar a partir das 11:30 da mañá.

Ao final da xornada, entregarásalle un agasallo ás familias participantes en Educando en familia.

Exit mobile version