Site icon Crónica3.com A Mariña

Permiso para a fogueira de San Xoán en Xove

A Concellería de Agricultura, Gandeiría e Montes informa da apertura do prazo para solicitar autorización para todos aqueles que queiran facer a tradicional Fogueira do San Xoán. A Solicitude poderá facerse no Departamento de Agricultura, Gandeiría e Montes do Concello, sito no 1º andar da Casa Consistorial, en horario normal de oficina ata o xoves 19 de xuño. Para facer a tradicional fogueira, non é válido o permiso de queima agrícola.

Exit mobile version