Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas e rogos do PP de Viveiro de cara ó próximo pleno

Viveiro, 27 de xuño de 2014.- Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas e rogos sobre os que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben oral ou ben por escrito.

No pleno ordinario do 23 de Marzo de 2009, o Grupo Municipal do Partido Popular preguntaba á Alcaldia si estaba previsto, a curto prazo, o arranxo da Avenida Cervantes no casco histórico de Viveiro, ó que o Alcalde respostaba que o arquitecto municpal estaba traballando no mencionado asunto.

Pasaron cinco anos e o día de hoxe, nada se ten feito, desconocendo por completo as intencións do Goberno local ó respecto. Na actualidade o pavimento está loxicamente máis deteriorado, as zonas de adoquíns fundidas e as placas de hormigón rotas casi que na súa totalidade, e mesmo produciuse o afundimento nalgunha zona da calzada, motivado principalmente polo paso diario de vehículos pesados e turismos. Por si isto non abondase, está a canalización existente do Rio que discurre por toda a avenida e desemboca na Ría .

O grupo do PP de Viveiro ten moi calro que esta avenida precisa, de forma urxente, unha profunda reparación, así como unha nova pavimentación .Por todo esto preguntamos á Alcaldesa :

1. Hai algún proxecto rematado que contemple a futura reparación desta avenida?
2. Á día de hoxe, fixo o Goberno local algunha xestión coas Administracións provincial , autonómica ou central para unha posible financiación desta obra?
3. Ten o Goberno Local, a curto ou medio prazo, algunha solución para evitar que os peóns e vehículos sigan a sufrir a situación de deterioro da avenida Cervantes?

Con data 13/12/2013 o Presidente da comunidade de propietarios do Edificio Beiramar 1 situado na rúa Misiricordia nº 41 deste Concello , rexistraba un escrito dirixido á Alcaldia no que solicitaban a retirada, a outras zonas das distintas rúas, de parte dos contenedores orgánicos situados frente o portal da súa comunidade. Esta petición viña motivada porque nos últimos meses pasaron de ter 2 contenedores orgánicos a ter 5, cos conseguintes perjuicios que causan a estes propietarios como consecuencia dos malos olores e a acumulación de suciedade no chan polos desperdicios de basura organica.

Na actualidade neste punto hai un total de 10 contenedores e ademáis, a miúdo, as beirarúas están ateigadas de mobiliario como colchóns, electrodomésticos ,etc, parecendo aquelo un vertedoiro público. Por todo isto lle ROGAMOS á Alcaldesa que se teña en conta esta solicitude e se lles de unha resposta e unha solución a esta comunidade de veciños, posto que despois de máis de 6 meses de telo pedido, pensamos que non vai xa sin tempo.

Exit mobile version