Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación na revista Maruxía nº 20 e entrega dos premios do concurso dos Matos

O vindeiro venres 13 de xuño no recreo, os alumnos/as de 1º de Bacharelato TIC liderado pola súa profesora Miruca Parga, convídannos a achegarnos ata a biblioteca para asistir ao acto de presentación do novo número da revista escolar dos Matos. Desvelaránnos os contidos do nº 20 asó coma os momentos gratificantes deste traballo colaborativo. Maruxía 20 recolle unha moi pequena mostra de todas e tantas actividades que se celebraron e desenvolveron durante este viguroso ano académico mais aí permanecerán plasmadas para o recordo algunhas delas. A continucaicón farase entrega dos premios do concurso de poesía, relato breve e imaxe “As plantas da nosa paisaxe” da A. C. Os Matos.

Exit mobile version