Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación VII Xornadas do Peregrino – Abrindo Camiño

Mondoñedo acollerá os 4, 5 e 6 de xullo as VII Xornadas do Peregrino – Abrindo Camiño. Con este motivo e en colaboración coa asociación de Amigos da Cidade de Mondoñedo farase una edición especial do xornal “Mondoñedo” sobre o Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” e sobre o Roteiro Turistico-literario dedicado o ilustre médico e poeta. Durante a presentación destas xornadas o mércores 11 de xuño ás 13.00 horas tamén se presentará unha audioguía e o audiovisual “Polos Camiños de Leiras” dirixido e realizado por Matías Nicieza coa narración da ilustre escritora Marina Mayoral e colaboración de membros do GLLP a través de poemas recitados e musicados de Manuel Leiras e un relato da lenda da Pena do Unto.

Exit mobile version