Site icon Crónica3.com A Mariña

Preséntanse as III Xornadas de Convivencia entre a Fundación Eu Son e a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

100_3579Burela, 18 de xuño de 2014.- As III Xornadas de Convivencia entre a Fundación Eu Son e a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental a Mariña que se organizarán dende a Fundación Imdecum terán a colaboración de ambas entidades, o Concello de Burela e o C.D. Burela F.S.

No acto estiveron presentes o presidente da Fundación Imdecum, Marcelino Luna, a concelleira de deportes do concello de Burela, Beatriz Piñeiro, a directora dos servicios da Fundación Eu Son, Noelia Eijo, e a presidenta da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, María Iris.

O programa da actividade que terá lugar o vindeiro mércores, día 25, no pavillón Vista Alegre é o seguinte:

12:00h: Partido de Fútbol Sala entre a Fundación Eu son Burela e a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental de A Mariña, coa participación de xogadores/as do Burela F.S Pescados Rubén no pavillón Vista Alegre.

14:00h: Hora do Picnic.

15:00h: Práctica de xogos lúdicos organizados pola Fundación IMDECUM para os usuarios das dúas asociacións.

17:00h: Entrega de diplomas e trofeos.

Exit mobile version