Site icon Crónica3.com A Mariña

RegalXunqueira inaugura a mostra “Papeis” do ferrolán Xan Xe

3A sala de exposicións do Complexo Cultural RegalXunqueira acolle este xoves 12 de xuño a inauguración da exposición “Papeis” de Xan Xe Corral Paz.

O acto de inauguración terá lugar ás 20.00 horas e contará coa presenza do autor, un artista ferrolán que tem como expresións nos últimos anos o debuxo, pintura, escultura, gravado e a fotografía, a primordial na actualidade.

Trátase dun home da casa, pois desde fai un ano asiste ós cursos de gravado impartidos por Axel Okelman, en Regalxunqueira, e tamén participou nalgún encontro de cerámica de Raku.

“As miñas ansias artísticas hoxe en día están máis centradas na fotografía, na que atopei un medio de expresión que me permite amosar o meu mundo e as miñas inquietudes deste momento. Ó longo da miña vida diferentes técnicas permitíronme xogar conmigo mesmo a crear imaxes, sentimentos e pensamentos… o debuxo, a pintura, a escultura, algún poema… Con esta exposición que titulei “Papeis” quero amosar algún aqueles papeis con técnicas mixtas feitas con ceras, pasteis, lápices, carbón ou acrílicos que pasaban polas miñas mans alá polos anos 90”, explica Xan Xe.

Esta exposicion poderá visitarse ata o 30 de xuño.

Exit mobile version