Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acollerá a saída da I Travesía Náutica Xacobea

Mércores, 11 de xuño de 2014 – Por primeira vez, unha espectacular flota de máis de 50 veleiros rememorará a peregrinación de San Francisco de Asís e a traslatio do apóstolo a Compostela nunha viaxe inesquecible que recibiu o nome de I Travesía Náutica Xacobea.

Organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa Asociación de Clubs Náuticos de Galicia (Asnauga), constitúe unha das actividades centrais do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.

Esta peregrinación percorrerá máis de 1.500 millas náuticas durante os meses de xuño e xullo de 2014. A flota seguirá dúas rutas náuticas distintas -a Atlántica, desde Ribadeo, e a Mediterránea, desde Xénova- para confluír na galega Ría de Arousa. A partir de aquí, realizarán un último tramo da peregrinación até chegar á meta: Santiago de Compostela.

A presentación da Ruta Atlántica desta I Travesía Náutica Xacobea celebrarase no Real Club Náutico de Ribadeo mañá, 12 de xuño, ás 11:30 e contará coa presenza da delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez; o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfonso Fuente; o presidente de ASNAUGA, Javier Ruiz de Cortázar, e o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Ramón Acuña.

Exit mobile version