Os invitados á terceira edición do Festival Jazz & Blues de Ribadeo chegarán a Galicia cun novos temas nas súas maletas. O Jazz & Blues deste ano é unha homenaxe á música, empezando polas últimas novidades en discos. Os concertos será unha boa oportunidade para coñecer de primeira man o último que se está facendo en jazz, blues e outros xéneros influenciados polo jazz e o blues.
Pola súa banda, o trompetista Nicholas Payton está a piques de publicar o seu álbum Numbers, unha colaboración con Butcher Brown, mentres que Joanne Shaw Taylor lanzará o seu esperado disco The Dirty Truth só unhas semanas logo de pasar polo Ribadeo Jazz Blues. O público do festival terá o privilexio de escoitar algúns temas antes da súa publicación.
O jazz galego tamén aproveitará o marco do festival para mostrar ao público novas creacións. É o caso de Víctor Aneiros, que saca á luz este mesmo mes ‘A soidade pide copas nos bares’, versións acústicas extraídas de tres dos seus anteriores discos. Carmen Rei tamén está ultimando a publicación dun novo disco. Chamarase ‘Serpe’ e será unha viaxe entre o funk e o soul con con ecos do jazz e o pop.
O caso do trío galego Sumrrá, Ribadeo será o escenario no que presenten o seu quinto disco, no que traballan desde fai tempo e cuxos temas irán madurando a través de numerosos concertos.
O grupo revelación asturiano Alexandra in Grey tamén se suma á lista de artistas que chegan ao terceiro Jazz & Blues con novo material. Aínda quente, o seu novo disco xa se atopa en plataformas dixitais e aparecerá nuns días en formato físico e inclúe 13 novas composicións.
En canto ao grupo de fusión Cosmosoul, víraa que chegará ao Festival Jazz Blues é a que serve para presentar o seu segundo álbum, Terra, no que contan con colaboracións como a do rapeiro El Chojín.