Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogo e preguntas do PP de Viveiro para o vindeiro pleno

Viveiro, 30 de xuño de 2014.- ROGO – Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno ordinario, ó obxecto de que se subsane a deficiencia sinalada coa maior prontitude posible:

No mes de novembro de 2012, o concelleiro de deportes anunciaba, en distintos medios de comunicación, que buscarían fórmulas para dotar de desfibriladores ós campos de fútbol de Viveiro, o de Galdo e o Pavillón Municipal.

Mesmo un ano despois, en novembro de 2013, anunciaba nos medios unha reunión cos responsables de asociacións deportivas, para que a lo menos unha persoa de cada un destes colectivos deportivos. soubera o manexo destes aparellos, que aseguraba chegarían dende a Diputación Provincial.

Transcurridos xa casi que oito meses deste último anuncio e como queira que hai pouco que rematou a tempada deportiva, pero xa falta menos para que en agosto empece unha nova, e en vista da ausencia dos mencionados desfibriladores e polo que lle ROGAMOS á Alcaldesa que retome este asunto, e dote ás instalación anteriormente sinaladas destes aparatos tan necesarios , os que sin lugar a dúbida contribuirán a que a práctica deportiva sexa máis segura.

PREGUNTAS – Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación, as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben oral ou ben por escrito

1. No último Pleno ordinario celebrado no mes de xuño, o noso grupo interesouse polas farolas retiradas do Paseo Marítimo dende a Cruz Vermella ata Covas. Na resposta as nosas preguntas dixosenos que se venderan, motivo polo que preguntamos:
1º) Cal foi o proceso seguido para a súa venta?
2º) A quen se lle venderon?
3º) Por que importe se venderon?
4º) Cantas farolas se venderon?
5º) Quedaron con algunha para resposto en caso de avería?

2. Nese mesmo Pleno ordinario de xuño, aprobouse, por unanimidade,
unha moción presentada polo PP, na que se facultaba a Sra. Alcaldesa para realizar todas as xestións oportunas e necesarias para tentar impedir o peche da oficina do Banco Pastor en Covas. Por este motivo lle preguntamos:
1º) realizou algunhas xestións neste sentido?
2º) en caso afirmativo, podería detallarnos en que consistiron?.

3. Estamos xa en pleno período estival, e un ano máis as nosas praias non lucirán a bandeira azul, distintivo que si lucirán 123 areais de Galicia, das que 18 pertenecen a praias da Mariña e mesmo o Porto Deportivo de Viveiro. Como queira que a Sra. Alcadesa anunciou, non hai moitos días nos medios que para o ano próximo as solicitaría e polo que lle preguntamos:
1º) é certo que as vai a solicitar para o ano 2015?
2º) en caso afirmativo, a que obedece este cambio de criterio despois de levar seis anos sin solicitalas?

Exit mobile version