
O grupo de voces SONS DE CELEIRO, actúa este sábado 7 de xuño a partir das 20.00 horas na Casa da Cultura de San Cibrao e con entrada gratuíta para os asistentes. Trátase dunha das actuacións do ciclo musical que organiza o Concello de Cervo. A agrupación do Colectivo chilindrín PENALBA, naceu no ano 2012, como proxecto de recuperación do canto e da música tradicional en Celeiro, dirixida por Dani “Caxete” e Antón Docampo. O seu repertorio variado centraliza as súas cancións no mundo do mar e dos mariñeiros, e interpretan cancións propias, obra do propio Caxete, e outras cancións populares de diversos autores de recoñecido prestixio. A súa estrea produciuse no mes de xuño do 2013 na Casa do Forno de Celeiro, e dende aquel día foron numerosas as actuacións realizadas na xeografía da comarca da Mariña.