O citados Cursos faranse na Praia de Esteiro, durante os meses de Xullo e Agosto, serán impartidos pola Escola Galega de Surf, sendo da seguinte maneira:
INICIACION:
Para nenos-as ou rapaces-zas maiores de 7 anos.
Totalmente gratuito.
Dende o 1 ao 15 de Xullo de luns a venres.
PERFECCIONAMENTO:
Para nenos-as ou rapaces-zas maiores de 7 anos.
Prezo: 50.-€
Dende o 15 de Xullo ao 15 de Agosto (tres dias a semana)
O curso inclúe transporte (ida e volta) dende o Centro Civico de Xove.
Os dous cursos inclúen:
Táboas de iniciación ou perfeccionamento, traxes de neopreno, camisetas de alta visibilidade, seguro deportivo, e clases con Monitores acreditados pola Federación Galega de Sur.
As incricións serán na Piscina Municipal de Xove.
ORGANIZA: ACD XOVE.
COLABORA: Concello de Xove.