Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoel García do Club Kayak de Foz, campión de España infantil en 3.000 m K1

Este domingo 1 de xuño no embalse do Centro de Tecnificación Deportiva de Trasona (Asturias), Xoel García Neira, do Club Kayak de Foz, marcou un fito na súa historia ó proclamarse vencedor do primeiro Campionato de España de infantís B na distancia de 3.000 metros na modalidade K1. O club participou con tres palistas infantís: Xoel García Neira (infantil B) e Juan Rivas e Noel García (infantís A).

O primeiro palista en sair á auga foi Xoel ás 10.30 horas que, xunto a outros noventa e sete infantís B, dábanse cita para a disputa do título nacional da súa categoría. A regata respondeu ás expectativas tanto dos espectadores como as dos técnicos. A saída da regata foi un largo sprint disputado por todos o cal foi situando a cada infantil no lugar que lle correspondía. Xoel fixo unha saída espectacular situándose xa nos primeiros cen metros entre os catro primeiros postos da proba. Despois duns tensos minutos de espera comezaron a aproximarse á ciaboga próxima a meta, completando deste modo a primeira das dúas voltas da regata, con Xoel situado en terceiro lugar seguindo moi de preto a pelexa que os dous de cabeza tiña por entrar primeiro na ciaboga. Xoel soubo aguantar na terceira posición e no penúltimo largo do recorrido conseguiu situarse na segunda posición. A última ciaboga conducía a Xoel do Kayak e a José Peral do Lipasam andaluz ós últimos 750 metros da regata.

Unha vez pasada a última ciaboga, a vitoria era so cosa de dous regatistas, Xoel e José Peral. Os 750 metros finais foron un largo sprint entre os dous palistas no que Xoel colleu a cabeza e, resistindo todos os tremendos ataques do andaluz do Lipasam, cruzou a liña de meta con menos de media piragua de ventaxa.

Unha importante e merecida vitoria de Xoel García Neira do Club Kayak que se suma ó seu, de momento, corto currículo deportivo xunto co título de Campión Galego alevín no 2013 e gañador de dous das tres regatas disputadas no actual Campionato Galego de Promoción.

Sorte dispar para os infantís-A
Ás doce do mediodía foi a quenda de Juan Rivas e Noel García Edrosa. Compartían lámina de auga con 122 palistas procedentes de toda a xeografía española e que se preparaban para disputar o título de Campión Nacional de Infantíl-A na modalidade K1.

Despois duhna tensa espera, os nervios de moitos palistas saltaron provocando unha saída nula. Despois de recolocarse para outra nova saída, os 122 regatistas saíron á voz de ¡¡XA!! producíndose diversas caídas pola gran aglomeración de barcos na mellor zona da pista de regatas. Un dos caídos foi Juan Rivas que, non obstante, recuperouse e foi remontando durante toda a regata atas ocupar a praza número 70 en meta (oficiosa) xa que na caída perdeu a placa co número do dorsal polo que pode correr o risco de que non o califiquen.

Pola súa parte, Noel librouse dos enganchones e situouse no paquete central da regata ocupando en todos os pasos por ciabogas as posicións de 40 a 50, cruzando a liña de meta no posto 49.

Exit mobile version