Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada aberta no barrio mindoniense dos Muíños

Este domingo 22 de xuñoxcelebrase en Mondoñedo a partir das 18.00 horas unha xornada de portas abertas no Barrio de Os Muíños no marco do proxecto para o fomento das visitas turísticas aos talleres de alfarería, museo das zocas, títeres e serigrafía. A xornada foi deseñada cun enfoque familiar que permitirá achegar as actividades e funcionamento dos talleres ás crianzas.

Exit mobile version