Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas do bacallau na Dorada do Cantábrico

O restaurante A Dorada do Cantábrico celebra ata o domingo 15 de xuño as xornadas do bacallau. Son 14 as preparacións que se ofrecen e os prezos das racións oscilan entre os 6 e os 10 euros. Os pratos que se poden degustar son: ensalada de bacallau, paté de bacallau, croquetas de bacallau, garavanzos con bacallau e espinacas, fabas con callos de bacallau, bacalau á portuguesa, á vizcaína, á galega, con allada, salteado de bacallau con patacas pochadas e ovos rotos, revolto de bacallau con espárragos trigueiros, fritos de bacallau en tempura, bacabacallau con pisto e tostas con brandada de bacallau. O cociñeiro e propietario de A Dorada do Cantábrico, Miguel González, anima “a acercase a nuestro local a probar algunos de los platos que hemos preparado para estas jornadas. El bacalao es un producto que tiene una gran aceptación entre el público, de ahí que hagamos estas jornadas todos los años”.

Exit mobile version