O Alcalde na súa intervención expresou a súa satisfacción pola posta en marcha de lestes importantes eventos deportivos, mostrando o apoio do Concello á S.D. Fútbol Sala Xove na celebración de ambos campus.
O Campus de Fútbol Sala Mixto celebrarase do 7 ao 11 de Xullo, ambos incluídos, e está dirixido a nenos e nenas que queiran gozar durante 5 días do fútbol sala e de múltiples actividades lúdicas, que estarán supervisadas e dirixidas por profesionais titulados no ámbito deportivo e da educación. A día de hoxe, cabo destacar que MÁIS DE 60% DAS PRAZAS XA ESTÁN CUBERTAS.
Como feito especial a destacar nesta edición, cabe dicir que contará co xogador de 1ª División Adrián Martínez Vara “ADRI”, xogador do Pozo de Murcia e internacional absoluto con España, como convidado especial, entre outros moitos ilustres xogadores.
II Campus de Porteiros “Stop Goles”
O II Campus de Porteiros “Stop Goles” desenvolverase a continuación do anterior, do 14 ao 17 de xullo.
Os interesados en inscribirse ou obter máis información poden facelo chamando ó 609 860 962, enviando un correo electrónico a sdxovefs@gmail.com ou seguindo as instrucións que se indican na páxina web www.xovefs.es.