Site icon Crónica3.com A Mariña

O Ribadeo FC de Terceira comezou o luns 21 de xullo a pretempada 14/15

ribadeofc14-15O Ribadeo FC comezou este luns 21 de xullo a pretempada 2014/2015 cun equipo que mantén os puntos fortes do conxunto que logrou o ascenso á Terceira División na pasada tempada 2013/2014, pero con novos reforzos.

Seguirán vestindo a elástica celeste os ribadenses Cubelas, Koki e Santi. Outros que seguirán outra tempada son o lateral esquerdo Isma e os máximos goleadores da pasada tempada Criss e Rafa Casanova. Tamén continuarán nas filas ribadenses o focense David Rodríguez, o defensa lugués Álex e os centrocampistas Andrés Bouza, Fernando e Vilela.

Pola súa banda, o defensa central Germán Campos incorpórase ó corpo técnico tras abandonar os terreos de xogo ó remate da pasada tempada despois de preto de 20 anos en activo.

Novos reforzos
Trala saída do club do gardameta Viusky cara a súa Vilalba natal, o club mariñán incorporou ás súas filas a Kiko -procedente do CD As Pontes- e Javi Liz -procedente da canteira do CD Lugo-. Tamén formará parte da escadra ribadense o polivalente Dapo -procedente do Dorneda- e Brais, que volve a Ribadeo tras ser fichado polo Villalbés a mediados da pasada tempada. A última incorporación, ata o momento, é Javi Pérez -procedente do Boiro-.

Partidos pretempada 14/15
Os partidos amigables confirmados para esta pretempada son:
25/07 (19.30 horas): S.D. Sarriana – Ribadeo F.C.
05/08 (19.30 horas): triangular entre Friol CF, CD Castro e Ribadeo FC (en Friol)
12/08 (19.00 horas): Trofeo de La Amistad no campo do Pardo (Navia) entre o Andés CF e o Ribadeo FC.
15/08 (19.00 horas): Trofeo Festas Patronais de Vegadeo no campo de El Soutón entre Astur Vegadense e Ribadeo FC.

Exit mobile version