Site icon Crónica3.com A Mariña

65 desempregados asisten en Burela ós 5 cursos concedidos pola Xunta

Burela, 12 de xullo de 2014. Xa están en marcha en Burela os cinco cursos de formación para desempregados, que se desenvolven grazas á achega económica concedida hai unhas semanas pola Xunta de Galicia.

O concelleiro de Emprego, José Casas, destaca “o compromiso da Xunta con Burela” e sinala que “son actividades que poden ter saída no mercado laboral”.

Son os primeiros cursos que se imparten no centro de formación ocupacional, que se atopa situado no parque Tíjola. Son: atención socio sanitaria a persoas dependentes, cun total de 418 horas; promoción turística local e información ao visitante, con 708 horas; xestión integrada de recursos humanos, con 808 horas; dinamización de actividades de tempo libre educativo, con 328 horas; e operacións auxiliares de servizos administrativos, con 448 horas de carga lectiva.

Setenta e cinco persoas desempregadas son as que se están a formar en Burela. Nos cursos traballan 8 monitores e 2 auxiliares administrativos, “co que se crearon 10 postos de traballo no noso concello”, indicou José Casas.

O presuposto total dos cinco cursos é de 247.347 euros e están subvencionados ao cen por cen pola Xunta de Galicia. Casas subliñou que “a Xunta atendeu o cen por cen das peticións que lle formuláramos, porque nos deu os cinco cursos que pedíramos” e engadiu que “esta é unha mostra máis do compromiso que o goberno galego ten con Burela e cos seus veciños e veciñas”.

Exit mobile version