Site icon Crónica3.com A Mariña

8 metais para os atletas do CD Egovarros – Viveiro no galego de veteráns de 5 km en ruta

O pasado sábado, organizado pola Federación Galega de Atletismo, celebrouse na localidade de Curtis ( A Coruña), o Campionato Galego de 5 km en ruta, nun circuíto de altos e baixos onde os atletas tiveron que percorrer dúas voltas para completar os 5 km.

Na categoría de veteranos o club de Viveiro estivo representado por 17 atletas, subindo 8 deles ó podio. No apartado femenino en W 65, Francisca Romasanta proclamouse campioa galega, así coma a súa compañeira Manuela Guisasola en W 50. María Luisa López fíxose co subcampionato galego na categoría W 40 e Begoña de Arriba en W 55 subiu ó podio na terceira posición.

No apartado masculino en M 70, o campión galego foi Antonio Cabana, sendo subcampión nesa mesma categoría o seu compañeiro Daniel Aguilar. Na categoría de M 65, Antonio Hernández acadou o subcampionato e o seu compañeiro Fernando Ramos a terceira posición.

Exit mobile version