Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña vaise de excursión a Santiago

Este sábado, 12 de xullo, desde a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña está prevista a realización dunha excursión lúdico-cultural á cidade de Santiago de Compostela.

Nesta viaxe participan unhas 40 persoas (entre usuarios, familiares e equipo técnico)co fin último de gozar dunha xornada de convivencia onde se visitará a Cidade da Cultura, (con visita guiada polo Museo Centro Gaiás), dispoñerase de tempo libre para comer e realizar compras no Centro Comercial As Cancelas e pola tarde desprazarémonos ao Pavillón de Santa Isabel para ver a final e entrega de premios do VIII Campionato de balompé “Todos polo fútbol”, organizado por Feafes Galicia.

Con esta xornada contribúese a demostrar as capacidades das persoas con enfermidade mental (capacidade de gozar do seu tempo libre, de practicar deporte, de relacionarse,..) intentando minimizar así o estigma social ao que se ven sometidas en múltiples ocasións e tamén se inflúe positivamente na súa calidade de vida e, consecuentemente, na mellora da súa autoestima.

Exit mobile version