
Seis usuarios dos distintos dispositivos da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña” acompañados de monitores, realizarán unha viaxe a Hío, visitando tamén todos os arredores e lugares próximos a Cangas do Morrazo entre este xoves 17 e ata o vindeiro domingo 20 de xullo. Feafes Galicia pon á disposición da Asociación unha casa situada nesta localidade da provincia de Pontevedra. Esta casa convértese no punto central dende o que se organizan saídas, excursións e actividades para coñecer a zona e facer partícipes aos usuarios duns días de ocio e convivencia. Con esta actividade ofrécese un tempo de respiro tanto a familias como a usuarios, donde se rompe coa rutina habitual ao tempo que se traballan habilidades sociais, habilidades da vida diaria e se aprende a disfrutar do tempo de ocio e lecer.