Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Burela impartirá un curso sobre o DNI electrónico do 21 ó 28 de xullo

Burela, 14 de xullo de 2014. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela. Será do 21 ao 28 de xullo a versará sobre o DNI electrónico.

Nesta actividade ensinaráselle aos asistentes a empregar o DNI electrónico e a levar a cabo diversos trámites nas sedes electrónicas de diferentes administracións. Este curso está dirixido a persoas con coñecementos de informática e internet a nivel usuario.

Esta actividade terá lugar na Aula CeMIT de Burela dende o 21 ao 28 de xullo en horario de 10:00 a 11:00 horas. O prazo para matricularse remata o día 18 de xullo.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre esta actividades @s interesad@s poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es.

Desde a Delegación Municipal de Educación lémbranlle aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula, en horario de mañá de 13:00 a 14:00 horas.

Exit mobile version