Site icon Crónica3.com A Mariña

A base burelista pecha a tempada co Memorial Rodrigo Maseda

finalcopagallega_cadete1314As categorías de base do Burela Pescados Rubén finalizan este xoves os adestramentos da tempada 2013/2014. Os equipos da base laranxa afrontan a súa última cita da tempada este fin de semana; 4, 5 e 6 de xullo, co Torneo Fundación Imdecum 2014 “Memorial Rodrigo Maseda Lozano” que se celebra en Burela, Foz, San Cibrao e Xove.

Copa Galega
A cita copeira foi o último encontro oficial da base burelesa na que o equipo cadete do Burela Pescados Rubén tivo que conformarse co subcampionato da Copa Galega logo de perder por 3-0 ante o Verín FS. A gran final disputouse o sábado día 28 de xuño no Municipal de Lugo e ambos conxunto ofreceron un partido intenso e igualado ao espectadores. O conxunto laranxa rindeu a bo nivel ante un rival que demostrou o seu potencial e que se proclamou campión gracias a súa maior pegada. Os ourensáns souberon aproveitar os seus momentos para alzarse co título ante un conxunto burelés que adoleceu de eficacia rematadora.

Burela FS: Aaron, Chiky, Mamadou, Kaká, Aitor –cinco inicial- David, Vilariño, Mini, Pitero, Luismi.

Exit mobile version