Site icon Crónica3.com A Mariña

A canteira laranxa pechou a tempada co Memorial Rodrigo Maseda Lozano

MemorialRML2014_BFSA canteira laranxa despediu a tempada co Torneo de Base Fundación Imdecum Memorial Rodrigo Maseda Lozano 2014 que se disputou a pasada fin de semana. O evento congregou ao redor de 400 deportistas que homenaxearon co seu espírito deportivo a memoria de Rodrigo Maseda Lozano. Ademais do aspecto deportivo e social, o Memorial é un claro potenciador turístico da vila burelesa e da Mariña. Nesta edición participaron equipos de Asturias, Valladolid, Madrid, A Coruña, Ourense e, por suposto de Lugo, e A Mariña en particular.

A representación do Burela Pescados Rubén estaba formada por un equipo benxamín, un alevín, tres infantís, dous cadetes e tamén dous en categoría xuvenil. Nesta última categoría, o Burela Pescados Rubén A proclamouse campión tras derrotar (3-1) na gran final ao UD Rozas Boadilla. Os benxamíns disputaron a final ante o ACD Xove que derrotou aos laranxas por 6-1. Máis aló dos resultados conseguidos a base laranxa gozou dun intenso fin de semana deportivo-social no que compartiron numerosas experiencias para o recordo.

Exit mobile version