Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Ría acolle as XIV Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste

170714 Foto Casa da Ria (1)Ribadeo, 17 de xullo de 2014. Esta mañá deron comezo na Casa da Ría as XIV Xornadas de Traballo en Mecánica Celeste, que organizou o observatorio astronómico Ramón María Aller, en colaboración coa Universidade de Santiago e o Concello de Ribadeo.

No encontro, que foi inaugurado polo concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, participan astrónomos, físicos, matemáticos e informáticos. Todos eles traballaran baixo a dirección de José Ángel Docobo, director do observatorio astronómico Ramón María Aller. As reunións de traballo teñen carácter interno.

Hoxe ás 20 horas terá lugar unha recepción oficial aos participantes no Concello de Ribadeo. E xa a partir das 23 horas haberá unha observación na praza de España, aberta a todas as persoas que desexen acudir. Mañá, venres, tamén haberá outro acto aberto ao público en xeral. Trátase da conferencia que pronunciará o profesor da Universidad de La Rioja Víctor Lanchares Barrasa sobre Orientación na mar. Das estrelas ao GPS. Será ás 20 horas na Casa do Mar.

Cupeiro fai unha chamada á participación “dos veciños e das veciñas de Ribadeo amantes da astronomía a acudir ás actividades abertas a todo o público. Merece a pena”.

Exit mobile version