Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Xuventude de Burela acollerá do 5 ó 7 de agosto un obradoiro de fotografía social

Burela, 19 de xullo de 2014. O Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela, como socio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, vai impartir un Obradoiro de Fotografía Social. Será do 5 ao 7 de agosto.

Diana Durán subliña que “será impartido por Rober Amado, (fotógrafo gañador da I Edición de Imaxes con Fondo e Premio Tiflos de Xornalismo Social da Fundación ONCE)”.

A edil popular indica que “o obxectivo deste obradoiro é espertar a curiosidade polo mundo da fotografía e xerar as ferramentas necesarias para dar a posibilidade de mellorar o ollo fotográfico e ampliar o coñecemento tanto da arte fotográfica como da súa faceta máis documental”.

As clases serán os días 5, 6 e 7 de agosto en horario de 10:00 a 13:00 horas na Casa da Xuventude. O curso está dirixido a persoas maiores de 14 anos. Para anotarse e/ou solicitar máis información @s interesados poden chamar ao Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.

Exit mobile version